CONVOCATORIA DO XII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA PARA ÁLBUMS ILUSTRADOS.

Publicado por GÁLIX | 25.3.19 Deixa un comentario




A Concellaría de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago de Compostela, e Kalandraka Editora, no marco da XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura, convocan o XII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.
Prazo: Finaliza o 30 de abril de 2019.
As obras poderán ser presentadas en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica e deberán ser orixinais e inéditas.
A obra premiada será publicada en todas as linguas oficiais peninsulares (galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués) pola editorial Kalandraka no mes de novembro do ano 2019.



Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]