No falecemento de Fernando Cendán

Publicado por GÁLIX | 22.1.19 Deixa un comentario


O pasado xoves 17 de xaneiro, morreu en Madrid, Fernando Cendán Pazos, nado en Narón en 1931.
A traxectoria profesional de Fernando Cendán estivo sempre ligada ao libro e á lectura; traballou no Instituto Nacional del Libro Español ata a súa desaparición en 1986 cando se incorporou ao Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Exerceu tamén como profesor e secretario da Escuela de Librería de Madrid, e como xerente da revista "El Libro Español".
De entre as obras publicadas, queremos destacar: Medio siglo de libros infantiles y juveniles (1935-1985), Edición y comercio del libro español, La fiesta del libro en España: crónica y miscelánea e, El Ferrol : su ría y su comarca.
Fernando Cendán era tamén o pai da nosa compañeira Ana Cendán, secretaria da OEPLI, con quen compartimos a dor desta perda.
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]