Día da Ilustración.

Publicado por GÁLIX | 29.1.19 Deixa un comentario

O Día da Ilustración celébrase en Galicia cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego.
O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Ilustrador do cartel deste ano, Santy Gutiérrez








Título: Fábulas de Iriarte
Texto: Tomás de Iriarte
Ilustracións: Federico Ribas
Editorial, ano: Ed. Atlántida. Bos Aires, 1972

O ilustrador homenaxeado este ano é Federico Ribas Montenegro, debuxante, ilustrador, publicista e pintor que naceu en Bouzas no 1890 e finou en Madrid en 1952.


A Rede de Bibliotecas de Galicia ten previsto un completo programa de actividades para homenaxear a este autor e difundir o papel da ilustración con exposicións, obradoiros, conferencias e mesas redondas.

Fernando Torres Carbajo, veterianario e escritor afeccionado publicou en xuño de 2015 unha biografía Federico Ribas Montenegro 
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]