Bienal de ilustración de Bratislava

Publicado por GÁLIX | 24.1.19 Deixa un comentario
A Bienal de Bratislava é unha prestixiosa exposición internacional de ilustracións de libros para a infancia e a xuventude, organizada polo Ministerio de Cultura da República Eslovaca, a Comisión Eslovaca da UNESCO e a Casa Internacional da Arte para Nenos, que se celebra durante os meses de setembro e outubro. Ademais da mostra de orixinais, realízase un simposio internacional de especialistas na ilustración de libros para infantís e xuvenís.
A OEPLI pode presentar como máximo 15 ilustradores, que envían orixinais de unha ou dúas obras publicadas no últimos tres anos.
GÁLIX como sección galega da OEPLI, Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil, xunto co Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, CLIJCAT, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil, e Galtzagorri Elkartea, participa na selección dos 15 ilustradores que poderán participar na próxima Bienal de Bratislava, que se celebrará en outubro.
Cada ilustrador/a pode presentar un máximo de 8 ilustracións de 1 ou 2 libros, publicados en galego, nunha editorial galega (tamén se admiten autoedicións).

Condicións:
  • Cada autor/a pode presentar como máximo 2 libros. Si se presentan por primeira vez os libros poden estar editados nos últimos 5 anos, pero si participaron nalgunha outra edición os libros teñen que estar publicados entre 2017 e 2019.
  • Cómpre aportar as seguintes ilustracións:1 ilustración da cuberta do libro e 3 ilustracións interiores.
  • Datos : Nome da/o ilustradora/o. Título do libro. Nome da editorial e ano de publicación.
As solicitudes de participación deberán enviarse a GÁLIX: galix@galix.org ou a OEPLI: oepli@oepli.org.
No marco da Bienal, un xurado internacional concede os seguintes Premios ás mellores obras: un Grand Prix cun valor de 3000 $, cinco Mazás de Ouro de 1500 $ e cinco Placas cun valor de 100 $ cada unha.
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]