Tiiu Kitsik gaña o 2º Premio Internacional de Ilustración convocado polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e GÁLIX

Publicado por GÁLIX | 6.11.18 Deixa un comentario
O pasado 16 e outubro fallouse o 2º Premio Internacional de Ilustración, convocado polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e mais GÁLIX.
Antonio Seijas, vogal de ilustración de GÁLIX, representou no xurado a nosa asociación.
No certame resultou gañadora a obra da ilustradora Tiiu Kitsik, artista estoniana residente en Berlín. O traballo –escollido entre 115 propostas– será a imaxe do cartel da XX edición do Salón que se celebrará do 22 de marzo ao 12 de abril do vindeiro 2019 co lema “A Revolución”. O xurado destacou “a forza, positivismo e alegría dunha imaxe que representa a infancia e a lectura como motor de todos os cambios e revolucións posibles”. A ilustración ganadora recibirá un premio bruto de 3.000 €


Seleccionaronse tamén doce ilustracións finalistas coas que a Deputación de Pontevedra editará un almanaque para o ano 2019.
No seguinte enlace pódense consultaros traballos dos/as 12 finalistas:
http://www.salondolibro.gal/cartelxx/
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]