Acto de entrega do XI PREMIO COMPOSTELA
Publicado por GÁLIX | 20.11.18
Deixa un comentario
Mañá mércores, no Pazo de Raxoi, Fran Pintadera e Christian Inaraja, autores de Cándido e
os demais, recibirán o XI Premio Internacional
Compostela de Álbum Ilustrado por esta obra sobre
o tratamento da diversidade e da diferenza. O libro está
publicado por Kalandraka en sete linguas, as cinco
peninsulares, inglés e italiano.
Con
anterioridade, Fran Pintadera visitará hoxe martes ás
12:00 horas o CIFP Compostela, en Lamas de
Abade. Compartirá co alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil as
claves desta obra e a súa experiencia como autor e narrador. E
tamén, como cada ano, haberá outra visita ao alumnado de Bacharelato
Artístico do IES do Sar, o propio mércores
21 a partir das 10:15 horas.
Fran Pintadera e Christian Inaraja
impartirán unha charla na que abordarán o proceso de
construcción do libro dende o punto de vista creativo.
Máis información:
0 comentarios:
[Comentario blog]