Fina Casalderrey, Premio Rosa dos Ventos 2018

Publicado por GÁLIX | 28.11.18 Deixa un comentario
Fina Casalderrey foi galardoada co Premio Rosa dos Ventos 2018, concedido anualmente polo alumnado de 5º curso de Bacharelato do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires.
"Fina tiña que ter a nosa Rosa dos Ventos", expresan os mozos e mozas que resolveron o galardón, que valoran tamén a condición da académica como docente. "É ante todo mestra, e iso nótase cando un a escoita. Achega os conceptos dun xeito amable, sen estridencias, con agarimo...", engaden sobre unha autora que puideron coñecer en persoa e que, "malia ser unha das figuras máis importantes da literatura infantil e xuvenil", é unha persoa de "talante modesto, respectuoso, cariñoso, cercano e optimista".
Con este permio preténdese homenaxear a un home, muller ou entidade que, sen formar parte da institución, acredite méritos destacables na defensa da identidade fundacional da institución educativa. Do mesmo xeito, simboliza a irmandade cos premiados e coas premiadas, para que continúen acompañando o labor pedagóxico na escola e difundan as actividades que realiza.
En edicións anteriores, o Premio Rosa dos Ventos recoñeceu tamén o labor de Víctor Freixanes, Manuel Rivas, Henrique Monteagudo, Carlos Núñez, Luís G. Tosar e Jorge Mira.
+ info:
http://santiagoapostol.edu.ar/gl/article/escritora-e-acad%C3%A9mica-fina-casalderrey-premio-rosa-dos-ventos-2018
http://www.espanaexterior.com/la-escritora-y-academica-fina-casalderrey-premio-rosa-dos-ventos-2018/
https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/id/1216120/pop_up?_101_INSTANCE_m2gF_viewMode=print
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]