Simposio María Victoria Moreno

Publicado por GÁLIX | 21.11.18 Deixa un comentario
A Real Academia Galega xuntará no Simposio María Victoria Moreno dezaseis especialistas que profundarán en diversos aspectos da vida e da obra da autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018. O encontro desenvolverase os días 27 e 28 de novembro en horario de tarde na sede da institución (rúa Tabernas, 11 – A Coruña).
A entrada é libre e inscrición, gratuíta. Para formalizar a inscrición cómpre enviar un correo electrónico antes do 27 de novembro a publicacions@academia.gal.

O programa do Simposio é o seguinte:

MARTES 27 DE NOVEMBRO
16:30-16:45 h Inauguración. Obra literaria de María Victoria Moreno
16:45-17:45 h Conferencia inaugural. Un lugar de honra na LIX. María Victoria Moreno Blanca Ana Roig Rechou
17:45-18:15 h Relatorio  MVM e a poesía para a infancia Antonio García Teijeiro
18:30-20:00 h A obra de MVM | Mesa redonda  Daquelas que contan... Mercedes Queixas / Algunhas claves do discurso literario de MVM Isabel Soto / A transcendencia no Diario da luz e a sombra Andrés Torres Queiruga. Modera: Xoán Babarro
20:00-20:30 h Recital
Xesús Rábade Paredes Antonio García Teijeiro
Mercedes Queixas Zas Xoán Babarro
Ana María Fernández Darío Xohán Cabana
Conduce: Xesús Rábade Paredes


MÉRCORES 28 DE NOVEMBRO
Acción cultural e biografía de María Victoria Moreno
16:30-17:00 h Relatorio María Victoria, xenerosidade e compromiso coa cultura galega Xavier Senín
17:00-17:30 h Relatorio A mestra e a pegada do camiño ensinado Fina Casalderrey
17:30-18:45 h MVM. Vida e acción cultural | Mesa redonda MVM, ensaísta Manuel Bragado / MVM: compromiso e conciencia cívica dunha muller adiantada ao seu tempo Isabel Mociño / MVM autora de libros de texto ou como explicar a literatura galega á mocidade Montse Pena Presas. Modera: Marilar Aleixandre
19:00-19:45 h Conferencia de clausura : O activismo cultural e cívico de MVM Xesús Alonso Montero
19:45-20:15 h Proxección María Victoria Moreno nas aulas de hoxe: vídeos de participación nos centros escolares.
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]