Velaquí algunhas novas da LIX para rematar a semana:
- A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago celebra este xoves 5 de abril o seu 10º aniversario. No acto, conducido por Paula Carballeira, ás 18:00h, distinguirase á persoa usuaria da biblioteca co número 40.000. A continuación haberá actividades familiares con entrada libre: unha actividade de contacontos con Paula Carballeira e un espectáculo musical da man de Mamá Cabra. Toda a información aquí.
- A Organización de Productores Palangreros Guardeses, en colaboración con Editorial Galaxia, con desexo de promocionar a literatura galega e iniciar aos mais cativos no mundo literario, convoca a terceira edición do CONCURSO DE RELATOS “HOMES E
MULLERES DO MAR”. Tes as bases e máis información aquí. - Espazo Lectura pon en marcha en Gondomar a campaña "Por unha biblioteca digna". Descubre toda a información aquí e bota un ollo ao primeiro video da campaña aquí.
0 comentarios:
[Comentario blog]