-->
Catálogo OEPLI 2017
Publicado por GÁLIX | 16.4.18
Deixa un comentario
A OEPLI e as
súas seccións territoriais: Consejo, ClijCat, Galtzagorri e Gálix, en
colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, edita o catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA.Selección OEPLI 2017. Un libro/catálogo coa
selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís de escritores e
ilustradores españois publicados ao longo do ano pasado. Son obras que obedecen
a criterios de calidade e idoneidade, o que as fai merecedoras de formar parte
desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran
produción existente.
Considerando que
a literatura infantil e xuvenil producida nas linguas oficiais do Estado
español alcanzou un importante nivel de calidade e de edición e co fin de
estimular unha mellor difusión en ámbitos lingüísticos internacionais,
propiciar a compra de dereitos de tradución e edición e crear un soporte de
calidade paralelo aos lóxicos intereses comerciais, o catálogo produciuse en
español e inglés.
-->
O libro/catálogocontén unha selección de 200 títulos realizada polas diferentes seccións
territoriais da OEPLi: ClijCat, Galtzagorri, Gálix e Consejo, entidades nas que
están representados todos os sectores do mundo literario: escritores,
ilustradores, editores, libreiros, bibliotecarios, críticos, etc. que avalarán a
calidade e idoneidade de cada un dos títulos seleccionados.
0 comentarios:
[Comentario blog]