O certame está aberto a maiores de 18 anos que presenten un máximo de 3 poemas antes do 5 de maio e está dotado con 3 premios de 300, 200 e 100 euros.
Consulta todas as bases aquí!
Consulta todas as bases aquí!
María Canosa,
socia número 151 de GÁLIX, é a achega deste mes para a sección A Xanela de GÁLIX que inclúe a presentación da socia e o Cuestionario Lamote. Pódense consultar todas as entradas no Pínterest de GÁLIX. Marzo 2023
Ratos na escola,
é a recomendación de Rafael Fernández Lorenzo para a sección Este libro encantoume! do Blog de GÁLIX e da web da OEPLI no mes de marzo de 2023.
Creador@s na Reserva
é unha publicación de GÁLIX, un libro ilustrado que convina os traballos de autores plásticos e literarios sobre o tema común do recoñecemento da UNESCO da Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo . O documento estará accesible e descargable neste blog e no Pínterest da asociación.
Clorofila en letra para curar o planeta
é unha guía de GÁLIX, unha selección de libros de calidade de tema medio ambiental. O documento estará accesible e descargable neste blog e no Pínterest da asociación.
Aquí tes as webs, blogs e redes sociais de socios e socias de GÁLIX. Es socio/a e non apareces aí? Escríbenos!
Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil
Centro de Emprendemento Creativo de Galicia
Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n - 15707
Santiago de Compostela
A Coruña
Tel.: 698 169 548
Copyright © 2014 oblogdegalix
Fun o terceiro premiado no II maratón de poesía de autor de Cuntis. Aplaudo a organización polo maratón de poesía, todo ben, ata que despois de recitar os meus poemas, e sen ánimo de criticar a ninguen, comentei a unha das participantes no recital que era unha pena que non houbera máis xente, pois quedoume un sentimento de certa tristeza que eses 27 poemas que recitamos entre os 9 escritores que nos presentamos ao certame, non chegaran a máis xente. Sólo era un sentimento e unha opinión que formulei con toda cordialidade, e nunca pensei que o feito de non ser compartida por alguen, fora motivo para que duas participantes no certame (a primeira e segunda premiadas) me contestaran con mala educación e faltandome ao respecto. Chegaron a decirme que non sumaba co que decía e que se non estaba a gusto me marchara. Son consciente que a xente tan nova non se lle pode pedir moita madurez, pero si educación e respecto polas opinions alleas ainda que non as compartan. Naturalmente que eu teño dereito a opinar o que queira, sempre que o faga con respeto, e estas rapazas que me mandaban para casa, e que non respetan as opinions alleas, demostraron moita falta de Educación e intolerancia. A poesía é liberdade de expresión e tolerancia, e de nada serve que escriban ben e recollan premios se son intolerantes coas opinions que non comparten. Danme pena, porque auguro un futuro de país intolerante e non quero pensar que as novas xeracións son así. Mal vamos se os futuros poetas e artistas se comportan así. Xoán, historiador, escritor aficionado e actor de teatro.
ResponderEliminar