Recomendamos: Pioneiras, de Anaír Rodríguez.
foron ocultadas ao longo da Historia.

Escóllense, na obra, unha ducia de mulleres que poidan servir de modelos porque son pioneiras en diferentes ámbitos:
Exeria, a primeira escritora, que relata a súa viaxe e peregrinaxe a Oriente Próximo, no século IV.
Isabel Barreto, a primeira almiranta. Nomeada gobernadora en terra e adiantada do mar océano, no XVI.
Isabel Zendal, a primeira enfermeira en misión internacional acompañando aos nenos da varíola.
Sofía Casanova, a primeira muller correspondente de guerra para un xornal español na Revolución Rusa e as dúas guerras mundiais.
Marcela e Elisa, dúas mestras que protagonizan a primeira voda entre mulleres a principios do século XX.
Irene González, a primeira futbolista nun equipo masculino na década dos vinte do século pasado.
Áurea Rodríguez, a primeira gaiteira, nada en Cartelle en 1897; cando queda orfa de pais formou cos seus catro irmáns o grupo Os maravillas. Despois de percorrer as romarías de toda Galicia, emigra a América onde segue a tocar.
Mª Luz Morales, xornalista, a primeira directora dun xornal de ámbito estatal: La Vanguardia.
Olimpia Valencia, a primeira médica e doutora galega, ao presentar a tese de doutoramento en 1928.
Celia Rivas que, con vinte anos en 1932, chegou a ser a primeira condutora de camións.
Ángeles Alvariño, oceanógrafa e primeira científica nun buque de investigación internacional.
Pioneiras é unha obra destinada a homenaxear a esas precursoras que abriron os camiños polos que as demais mulleres puideron seguir transitando.
0 comentarios:
[Comentario blog]