O luns comeza agosto e nós marchamos descansar un chisco, mais non sen antes vos deixar as novas de LIX dos últimos meses. Feliz verán!
No mes de xuño fíxose a entrega oficial dos galardóns aos gañadores e gañadoras dos Premios Nacionais, entre os que se atopaba a Ledicia Costas.
Máis información aquí e aquí.
O tema da XVIII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra será "O mundo que queremos" e Escaquis e Romeu o título do libro que se editará para a ocasión. A obra está escrita por Antonio M. Fraga e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano.
Máis información aquí, aquí e aquí.
Xa podes atopar na web de IBBY Europe algúns libros de LIX galega. GÁLIX irá enviando máis referencias para que en toda Europa chegue a nosa literatura!
- Entrevista a Ledicia Costas en La Voz deVigo.
- Entrevista a Anxo Fariña en Faro de Vigo.
- Entrevista a Anxo Fariña no Diario de Pontevedra.
0 comentarios:
[Comentario blog]