Faleceu Agustín Fernández Paz

Publicado por GÁLIX | 12.7.16 Deixa un comentario

Agustín Fernández Paz, socio de honra de GÁLIX, deixounos esta maná.

Co máis fondo pesar polo seu pasamento, queremos amosar o noso apoio aos seus seres queridos e unirnos no sentimento de fonda tristura de todo o país pola perda deste mestre e escritor comprometido coa normalización da lingua e a dignidade do país.
Os premios recibidos e as múltiples edicións da súa obra nunca darán pagado as primaveras que nos donou. Os seus libros, as súas historias, as súas palabras seguirán connosco buscando aos lectores e lectoras do país que tanto amou e espallándose por outras línguas e xeografías. Lingua e Terra, Irmán.

Mañá tera lugar en Vigo, no Tanatorio de Pereiró, un acto de despedida.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]