Está aberto o prazo para presentar candidaturas á XVI edición dos Premios da Cultura Galega 2025.
Estes galardóns, concedidos pola Xunta de Galicia, recoñecen o labor de persoas ou entidades destacadas, neste ano, nun destes ámbitos da cultura: Lingua, Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Creación Audiovisual, Proxección Exterior, Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural.
Destacados representantes da Literatura Infantil e Xuvenil Galega recibiron este premio na categoría de Letras, foi o caso de: Agustín Fernández Paz (2010), que renunciou a el. Xosé Neira Vilas (2014); Fina Casalderrey (2015); ou Ledicia Costas (2020).
No eido das das Artes Plásticas aínda non se valorou o labor das creadoras e creadores que dedican a súa arte, preferentemente, ao libro infantil e xuvenil a modo de álbum, banda deseñada, novela gráfica ou ilustración, agás no caso de Miguelanxo Prado (2015).
Poderán ser candidatas persoas, colectivos ou entidades, activas no momento de ser presentadas, con traxectoria vinculada coa literatura galega.
As candidaturas deberán ser presentadas por institucións e entidades culturais ou profesionais, públicas ou privadas, relacionadas co obxecto de cada premio, antes do 9 de setembro de 2025.
0 comentarios:
[Comentario blog]