Primeiro Certame Literario Jaime Olmedo de literatura infantil

Publicado por GÁLIX | 2.12.24 Deixa un comentario

 

Como vehículo de creatividade e valores para os máis cativos, Antela editorial, en colaboración con Avigal, convoca o premio de novela infantil Jaime Olmedo Limeses, unha iniciativa para promover o hábito da escritura e da lectura en galego, aberta a todas as idades.


 O certame preséntase en dúas modalidades:

  • Para participantes de máis de 18 anos.

    • Novela orixinal.

    • Escrita en galego.

    • Dirixida ao público infantil.

    • Cunha extensión máxima de 14.000 palabras.

    • O prazo de presentación remata o 10 de xaneiro de 2025.

    • A obra gañadora será publicada pola editorial Antela.

    • O premio está dotado con 3.000 €

 

  • Para participantes menores de 12 anos.

    • Relato curto.

    • De temática libre.

    • Escrito en galego.

    • O prazo de presentación ata o 11 de abril de 2025.

    • Premiarase á rapaza ou rapaz que escriba o texto, a/o docente que o presente e ao centro educativo no que estude.


ACCESO ÁS BASES

 

 

 

 

 


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]