XULLO 2024
Recomendamos Estrelas galegas da ciencia de Maite Vence, Manuel Vicente e Andrea Bures
Esta obra recolle a historia da ciencia en Galicia, a través das figuras dos investigadores e investigadoras que a posibilitaron no pasado, nese período de tempo que vai do século XVII ata o XX.
(o autor do best-seller que popularizou o cálculo), Antonio Casares (pioneiro da química ao servizo da sociedade), Ramón María Aller e Antonia Ferrín (a paixón pola astronomía), Isidro Parga Pondal e Guillermo Schulz (os primeiros estudosos da xeoloxía galega), Fernando Fraga (o descubridor do afloramento costeiro galego), Ángeles Alvariño (unha oceanógrafa de repercusión mundial) e María Wonenburger (a riseira "nai matemática" dos meirandes alxebristas). Catorce científicos/as.
No primeiro dos capítulos lévase a cabo unha breve introdución á historia da ciencia en Galicia e, nos seguintes, explícase a biografía de ditos persoeiros en relación cos seus achados. Todos os capítulos seguen a mesma estrutura: un breve contexto sobre o momento histórico no que se desenvolve a vida do protagonista, seguida dun texto que mestura os achados reais con pequenos diálogos “ficcionados” que cada protagonista mantén con compañeiros ou familia, co obxectivo de achegar de maneira amena explicacións científicas relativas ao traballo de cada un deles.
Pilar Sampedro
______________________
GÁLIX publica cada mes unha recensión feita por algunha ou algún dos socios para a sección Este libro encantoume da OEPLI. Todos os meses poderás ver neste blog as recomendacións de Literatura Infantil e Xuvenil en galego e na web da OEPLI as propostas das asociacións dos diferentes ámbitos lingüísticos que forman a organización. Se queres colaborar coas túas recomendacións, non dubides en nos contactar.
0 comentarios:
[Comentario blog]