Convocatoria do VI Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil

Publicado por GÁLIX | 12.9.23 Deixa un comentario

O Concello da  Pobra do Caramiñal  e a Editorial Galaxia, en colaboración coa asociación Barbantia veñen de convocar a sexta edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro creado no 2018 como medio de promoción para autores e autoras de literatura infantil en lingua galega, e como homenaxe ao escritor veciño deste concello.

Un certame...

  • Para textos orixinais e inéditos en galego normativo.
  • Dirixidos a lectorado de 3 a 12 anos.
  • O prazo de recepción de obras remata o 1 de novembro de 2023.
  • O premio ten unha dotación económica de 3000 €
  • A obra gañadora será publicada na colección Árbore da Editorial Galaxia.

👆



Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]