A Real Academia Galega prepara os eventos e actividades en relación co Día Letras Galegas que este ano protagoniza Florencio Delgado Gurriarán.
A nova edición do proxecto Primavera das Letras, dirixido ao público infantil, recolle unha biografía do autor escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán que pode descargarse na páxina web do programa.
Neste espazo incorporaranse novas actividades interactivas, fichas para colorear e outros recursos arredor do universo vital e literario de Delgado Gurriarán, concibidos para abordar cos nenos e nenas tanto contidos lingüísticos e literarios como outros transversais.
Dentro deste mesmo proxecto inclúese o consurso Contádenos o voso Día das Letras que ten como obxectivo promover un espazo de participación para a xente máis nova.
0 comentarios:
[Comentario blog]