Edicións Xerais de Galicia
Xerais nace en 1979 da man de Xulian Maure e Germán Sánchez Ruiperez, fundador do Grupo Anaya, co obxectivo de se converter nunha nova canle de normalización e profesionalización para a cultura galega.
O seu perfil, desde o inicio, é xeralista publicando todo tipo de libros e liñas. O primeiro título editado foi Matemáticas 1º de BUP, do colectivo Vacaloura e, de seguido, continuou coa publicación de 12 títulos diversos na colección Montes e Fontes.
O gran despegue de Xerais nos anos 80 estivo ligado á renovación pedagóxica que impulsou desde a edición educativa, e desde entón ata hoxe o seu catálogo nutriuse de coleccións de tradución, de narrativa galega, de literatura infantil e xuvenil, de ocio, turismo, natureza e gastronomía, de poesía, de libros de actualidade ou de memoria, de dicionarios, de ensaio e investigación, de cómic ou de libro de texto.
En 1984 creouse o Premio Xerais de Novela, que leva 39 edicións e a día de hoxe os Premios Xerais (Premio Merlín de Literatura Infantil, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e Premio Xerais de Novela) convertéronse nun referente imprescindible da literatura galega.
Por
outra parte, a existencia de Xerais supuxo historicamente un enorme
motor de modernización e profesionalización para a cultura galega,
creando paradigmas para toda a industria cultural.
En 2022, a
edición xeral (ficción e non ficción) ten moito máis peso que o
libro educativo e Xerais aposta fortemente pola divulgación.
0 comentarios:
[Comentario blog]