DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DE AUTORÍA

Publicado por GÁLIX | 23.4.22 Deixa un comentario

No Día Mundial do Libro e Dereitos de Autoría, instaurado en 1995 pola UNESCO, conmemórase o aniversario do falecemento de William Shakespeare, Miguel de Cervantes e o Inca Garcilaso de la Vega.

Este 2022 Guadalajara (México) foi a cidade escollida como Capital Mundial do Libro, por considerala un referente da cultura e a literatura e pola súa importantísima Feria do libro.

Esta celebración pretende ser unha homenaxe aos libros e ás persoas que os crean, e recoñece neles o valor da creatividade e a diversidade, o seu papel na consecución da igualdade no acceso ao coñecemento e como ferramenta contra a pobreza e a intolerancia.

En relación con todo isto, a UNESCO, e todos os sectores que forman o mundo do libro, pretenden, nesta data, suliñar que o libro é produto do labor das persoas que os crean e  que merecen o recoñecemento do seu traballo e o respecto de toda a sociedade.

Neste día celebramos a cultura escrita en todos os idiomas, en todas as culturas.

Asociación Galega do Libro Infantil (GÁLIX) non quere deixar de celebralo con todas as persoas grandes e pequenas que forman o lectorado galego e con esta intención propón sumarse ás dúas iniciativas do IBBY nas que poden participar persoas de todas as idades.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]