María Pilar Campo Domínguez, Marica Campo naceu en 1948 en Val do Mao, no Incio, Lugo.
Quixo ser misioneira e, aos quince anos, ingresou nunha orde relixiosa e estudou teoloxía.
Obtivo
o título de maxisterio e traballou, primeiro como mestra e, máis
adiante, como especialista de lingua galega en
varias escolas e
institutos.
Do seu labor como escritora, chama a atención a súa obra como letrista de cancións.
Foi nomeada Chairega de Honra pola Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá en novembro de 2007.No ano 2013 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega como elixiuna como A Escritora na súa Terra cunha homenaxe no Val de Mao, onde se erixiu un monólito na súa honra no campo da festa que leva o nome de Souto Marica Campo. No mesmo ano o concello de Lugo entregoulle o premio Entre mulleres.
A plataforma literaria A Sega, escolleuna no ano 2018 como protagonista da V edición do Día das Galegas nas Letras.
Ademais de ser unha mestra comprometida coa lingua, Marica é tradutora e unha escritora que abrangue todos os xéneros: divulgación, ensaio, narrativa, teatro e poesía.
No eido da Literatura Infantil e Xuvenil destacamos:
Crispín do Mao, Crispín do mar; Adeus, pés!; O enigma do menhir; Catro pallasos. (2003). Xunta de Galicia
Abracadabras (2006). Edicións do Castro.
E Xoel aprendeu a voar (2009). Obradoiro (2017) Oqueleo.
Noutra dimensión (2011). Galaxia
Unha misión para Clara (2018). Oqueleo.
E as traducións de:
As dúas casas de Alicia de Cristelle Vallat (2013) Baía.
A Terra acatarrouse de Roxane Marie Galliez (2013). Baía.
ACCESO
0 comentarios:
[Comentario blog]