O Día de Rosalía de Castro 2022, 24 de febreiro, remata o prazo para presentar orixinais á primeira edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas co apoio da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
- Para obras inéditas escritas en lingua galega.
- Que estean destinadas a un público infantil.
- Cunha extensión máxima de 30.000 caracteres.
- A obra premiada será publicada por Edicións Embora.
- O premio ten unha dotación de 1.000 €
O acto de entrega do premio está previsto para o 27 de marzo, Día do Teatro.
0 comentarios:
[Comentario blog]