A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia acolle este venres, 10 de decembro de 2021 ás 18:00, a entrega de premios do concurso EU son...! convocado por GÁLIX.
O acto estará presidido por don Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia
Polo Día Internacional do Libro Infantil, a nosa asociación propuxo ás nenas e nenos lectores que publicaran en Twitter, Instagram ou TikTok, a través da súa biblioteca escolar ou pública o da súa familia, un vídeo de menos de 1 minuto representando ao seu personaxe preferido da literatura infantil galega.
Os vídeos gañadores son:
En categoría Lectorado Inicial:
Gabriel Fernández que presentou, dende a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, un vídeo representando a Balbino, o personaxe de Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas.
Ana López Canosa, concursou dende a súa casa, reprensentando a Rubicundo, o personaxe do libro de María Canosa.
- Na categoría de Lectorado avanzado:
Lola Valiñas López que participou no concurso dende a súa escola, o CEIP de Beariz, escolleu a Escarlatina, a nena protagonista de Escarlatina,a cociñeira defunta de Ledicia Costas.
Nuria Barros Rodríguez , que tamén participou dende o CEIP de Beariz, escolleu a Lenda de Ana Manana, un personaxe da literatura popular galega.
0 comentarios:
[Comentario blog]