Acto de entrega dos Premios do concurso EU SON...!

Publicado por GÁLIX | 12.12.21 1 comentario

Coas dificultades e restricións que o andazo do Covid19 nos impón e gardando todas as medidas de seguridade, celebramos este venres a entrega dos premios do concurso Eu son...!, convocado por GÁLIX con ocasión do Día Internacional do Libro Infantil.

O acto, presidido polo Secretario Xeral de Cultura, D. Anxo Lorenzo, con Pilar Sampedro como representante de GÁLIX, contou coa presencia de D. César Fernández, Vicepresidente da Deputación de Ourense, Dna. Noelia Rodríguez, Alcaldesa de Ribadavia, a Concelleira de Cultura Dna. Paula Rodríguez e a bibliotecaria Dna. Teresa Rivela que nos deu a benvida.

 Logo da presentación de a cargo da nosa Vicepresidenta, o Secretario Xeral de Cultura pronunciou unhas palabras sobre a importancia da lectura en galego e o papel de GÁLIX. A continuación fíxose entrega dos diplomas e os premios ás concursantes premiadas.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

1 comentario:

  1. Tamen se entregou un premio a un neno do Concello de Ribadavia,de forma virtual,xa que estaba en corentena.

    ResponderEliminar

[Comentario blog]