Colección DEFENSORAS DE DEREITOS da Coordinadora Galega de ONGD

Publicado por GÁLIX | 22.12.21 Deixa un comentario

 

Na nosa participación no CULTURGAL, o pasado 27 de novembro, demos a coñecer a guía de literatura infantil e xuvenil de GÁLIX, "Donas no espello da LIXG" que repartimos entre editoras, librerías e profesionais da escrita, a tradución e a crítica.

Aproveitamos para visitar os postos da feira e descubrir novos proxectos de interese dentro da LIX.

E trouxemos os libros da colección Defensoras de dereitos que a Coordinadora Galega de ONGD publicou para dar a coñecer as vidas de mulleres que destacaron por defender os dereitos humanos nunha das rexións máis perigosas do mundo.

 Nestes textos recóllense as experiencias de  Haydée Castillo (Nicaragua), Verónica Salazar (O Salvador),  Miriam Suazo (Honduras), Estela Ángeles Mondragón (México) e María Cuc Choc (Guatemala), algunhas das mulleres defensoras organizadas arredor da Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos (IM-Defensoras).

Son libros dirixidos ao lectorado adolescente, escritos por Lara Dopazo Ruibal con ilustracións de Marta Conde e RotmInas. 

 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]