Baía Edicións,oa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca a terceira edición do PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade para promover a educación en igualdade e como homenaxe a todas as persoas que fixeron a aposta de escribir literatura infantil non sexista.
Para obras que atendan ao concepto de literatura infantil non sexista e coeducativa.
Textos inéditos e non premiados.
Escritos en galego normativo.
Extensión máxima de 5.000 caracteres.
O premio, único, ten unha dotación económica de 2.500 €.
O prazo de recepción de obras remata o 8 de marzo de 2021.
Máis información na páxina da editora
Información na rede:
0 comentarios:
[Comentario blog]