Convócase por primeira vez este Premio Alberte Quiñoi, que recibe o nome dunha das personaxes máis populares do autor estradense Manuel García Barros , froito da colaboración do Concello da Estrada e Editorial Galaxia, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Para obras ilustradas inéditas, de tema libre, en calquera medio ou soporte
Dirixidas ao lectorado infantil.
En galego normativo.
Extensión mínima de 24 páxinas e máxima de 56 páxinas.
O premio, único, ten unha dotación económica de 2.000 €.
O prazo de recepción de obras remata o 25 de febreiro de 2021.
Máis información na páxina do Concello da Estrada e na de Galaxia.
Información na rede:
- Cultura Galega: http://culturagalega.gal/noticia.php?id=31989
- O Portal da Lingua Galega: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0119/premio-alberte-quinoi-album-ilustrado
- El Correo Gallego: https://www.elcorreogallego.es/ocorreodecaldastabeiros/a-estrada-organiza-o-premio-alberte-quinoi-de-album-ilustrado-YG5932265
0 comentarios:
[Comentario blog]