Este libro encantoume! (xaneiro 2021)

Publicado por GÁLIX | 2.1.21 Deixa un comentario


 XANEIRO 2021
Recomendamos: Wolfram.Espías, nazis e maquis de AlbertoVarela Ferreiro.

 

 

 

 

Nos estudos sobre hábitos de lectura españois o cómic figura nos derradeiros postos xunto coa poesía” – di Alberto Varela Ferreiro na lapela interior. Esa débeda pendente é abondo para botar man de Wolfram.

Alén disto, a carreira épica trepidante, fiada polas aventuras do axente de intelixencia británico William Cecil Morgan e a americana Molly Morrison, engancha desde a primeira páxina. Cun estilo visual tan enseñoso como exquisito, Varela Ferreiro paséanos pola Galicia do 1939, sobrevoando Vigo, Londres, Nova York, Santiago, Berlín ou Coruña.

Wolfram conta ademais con dous bonus tracks:

  • Un par de mapas de Galicia sumamente atractivos e didácticos localizando minas de volframio, submarinos afundidos, avións aliados e alemáns caídos, aeródromos, portos, estacións de radio e áreas de actividade dos fuxidos e da guerrilla;

  • Un glosario detallado que constitúe unha galería de petiscos, microventás que convidan a investigar máis sobre o titanio en Balarés, o edificio Castromil ou crómlech do Monte Neme.

Unha lectura que está a espera de lectores/as atrevidos/as para acadar o seu punto de fusión!



Diana Pastoriza Espasandín



______________________________

GÁLIX publica cada mes unha recensión feita por algunha ou algún dos socios para a sección Este libro encantoume da OEPLI. Todos os meses poderás ver neste blog as recomendacións de Literatura Infantil e Xuvenil en galego e na web da OEPLI as propostas das asociacións dos diferentes ámbitos lingüísticos que forman a organización. Se queres colaborar coas túas recomendacións, non dubides en nos contactar.


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]