FEBREIRO 2020
Recomendamos: Lúa en Ningures de Beatriz Maceda
A
Lúa, e mais a todas as rapazas e rapaces que viven en Ningures,
roubáronlle o dereito a gozar dunha infancia que xa non vai poder
recuperar. Viuse na obriga de medrar de golpe para tratar de entender
o que agochan as miradas baleiras da súa familia e o significado de
certas palabras que non deberían formar parte do seu vocabulario
cotián. A sensación de perda pesa coma unha lousa, pero non se
trata dun padecemento pola privación dos bens materiais, senón do
sufrimento que provocan a incerteza e os afectos que deixou atrás…
a Lúa arrincárona dos brazos do avó, da terra de seu, do mundo que
coñecía dun día para outro e, coma a ela, ás restantes nenas e
nenos. Imán, outra nena de Ningures, achégalle a enerxía que
precisa para superar o impacto que lle produce chegar a un
“campamento que só ulía a desesperanza”, tal e como a propia
Lúa afirma no texto. A enfermidade, a morte, e os testemuños
doutras rapazas e rapaces crean lazos de solidariedade indestrutibles
entre os máis pequenos nese mundo cruel, en que a literatura logra
que se levanten cada vez que caen grazas á forza das palabras d’O
Principiño, que o avó de Lúa lle regala, e a crearen unha
pequena editorial para lles levar aos demais nenos do campamento a
ilusión e a alegría de vivir a través dos libros.______________________________








0 comentarios:
[Comentario blog]