Conmemoramos cada 2 de abril, aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o Día Internacional do Libro Infantil (DILI).
Adhesións á celebración do día internacional do libro infantil
Publicado por GÁLIX | 27.2.20
Deixa un comentario
Conmemoramos cada 2 de abril, aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o Día Internacional do Libro Infantil (DILI).
Con
esta celebración o IBBY
pretende promocionar a boa literatura infantil e xuvenil. Cada ano
encoméndase a unha sección nacional a selección das persoas
relevantes no seu país que, no campo da escrita e da ilustración,
realizarán o cartel e a mensaxe que se traducirá a todas as linguas
presentes na organización e se difundirá a nivel internacional.
Este
ano 2020 corespóndelle
á
sección de Eslovenia
representar
ao
IBBY a través
do texto de Peter
Svetina
e o cartel
de Damijan
Stepancic.
GÁLIX,
como sección da OEPLI,
ocúpase da tradución ao galego e da súa difusión en Galicia.
Co
obxecto de promocionar os bos libros e a lectura entre os máis
novos,
a OEPLI
e as súas seccións (GÁLIX,
ClijCat, Galtzagorri, Consejo General del Libro Infantil y Juvenil) anima ás
bibliotecas, públicas e escolares, librerías e institucións á
celebrar este día con actividades de promoción da lectura coa súa
adhesión á celebración
mediante inscrición electrónica a través da
web da OEPLI
(www.oepli.org).
0 comentarios:
[Comentario blog]