III PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN

Publicado por GÁLIX | 10.9.19 Deixa un comentario
GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) en colaboración co Concello de Pontevedra veñen de convocar o III PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN. A presentación pública, celebrada en Pontevedra o pasado 5 de setembro, correu a cargo de Ana Luna Alonso, Secretaria de GÁLIX, e de Carmen Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra.
A ilustración gañadora será a imaxe da XXI edición do Salón do Libro de Pontevedra, que terá como tema central o humor.
Carmén Fouces, concelleira de Cultura, destacou “a importancia de facelo da man de GÁLIX, que co seu traballo e as súas canles de difusión, permite chegar a todas as latitudes do planeta dentro do proceso de internacionalización no que o Salón está inmerso.”
Pola súa vez Ana Luna manifestou o interese de GÁLIX na súa colaboración co Salón do libro de Pontevedra, tanto na convocatoria deste importante certame como na elaboración da bibliografía temática e na realización das actividades.
O concurso de ilustración está aberto á participación de calquera persoa maior de idade de calquera país, que pode presentar -separadamente- un máximo de dúas imaxes inéditas co tema do humor e en formato dixital, dirixidas á web: www.salondolibro.gal/ilustra
As ilustracións finalistas formarán parte da mostra e do Almanaque do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
O prazo de presentación remata o 14 de outubro de 2019


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]