Estudo sobre mulleres e lectura do Laboratorio Contemporáneo de Fomento de la Lectura (LCFL)

Publicado por GÁLIX | 12.7.19 Deixa un comentario
MUJERES Y LECTURA é unha publicación do Laboratorio Contemporáneo de Fomento de la Lectura (LCFL), síntese das dinámicas de traballo que organizou o Laboratorio Contemporáneo de Fomento de la Lectura durante 2018 e 2019 co título de: ‘Taller: Mujer y Lectura”.

Comeza o estudo cunha amena e interesantísima reflexión de Inés Alberdi, resumo das conferencias no LCFL da Fundación GSR, sobre a evolución da imaxe da muller e a lectura na historia da arte.
A continuación examina o comportamento lector da muller en relación ás políticas educativas, e aspectos culturais e económicos... cunha análise dos resultados da “Encuesta de Hábitos y Prácticas Culturales en España”. (2018). Ministerio de Cultura y Deportes e do “Barómetro” Estudio sobre Hábitos de Lectura y compra de libros en España. (Federación de Gremios de Editores de España).
Unha das conclusións do estudo é que os índices de lectura son maiores nas mulleres a nivel internacional e presentan tendencia a incrementarse. Destacan a actitude diferente entre mulleres e homes en canto ao papel da lectura.
Matina tamén sobre as diferencias de lectura segundo o soporte, dedúcese que as mulleres utilizan cada vez máis internet polo que o xénero non é xa un factor relevante como fenda de uso de Internet e do claro liderado das mulleres nas plataformas máis relevantes no mundo da publicación, lectura e a valoración de creación literaria fan supor unha predominio feminio no universo lector, tamén en soporte dinámicas dixitais.


A publicación está xa accesible no taboleiro de RECURSOS, PARA MEDIADORES  no pínterest de GÁLIX.


Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]