Convocatoria dos Premios Lazarillo 2025 de Álbum Ilustrado e Creación literaria

Publicado por GÁLIX | 14.6.25 Deixa un comentario

O Lazarillo é o concurso máis antigo en Literatura Infantil e Xuvenil, que se vén celebrando desde o 1958.

Convocado nas súas primeiras edicións polo extinto Instituto Nacional del Libro Español, desde 1986 ven sendo a OEPLI, e as súas seccións territoriais GÁLIX, Galtzagorri, CIBBYCat e Consejo General del Libro, a encargada da convocatoria do premio.

O certame conta co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e de MacDonald’s

O premio Lazarillo convócase nas modalidades de “Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado” e “Creación literaria”.


 

ACCESO ÁS BASES DE CREACIÓN LITERARIA

  • Para obras orixinais e inéditas.

  • Escritas en calquera das linguas oficiais do estado.

  • En calquera xénero literario (narrativa, poesía ou teatro)

  • Destinadas ao lectorado xuvenil, maior de 12 anos.

  • O premio ten unha dotación de 6000€.

  • O prazo de entrega remata o 30 de xullo de 2025.



ACCESO ÁS BASES DE ÁLBUM INFANTIL E XUVENIL ILUSTRADO

  • Para obras orixinais e inéditas.

  • Destinadas ao público infantil ou xuvenil.

  • Formato máximo, DIN A-2.

  • Extensión máxima de 32 páxinas.

  • Cunha dotación de 6.000€

  • O prazo de entrega remata o 30 de setembro de 2025.


Os xurados emitirán os veredictos no mes de decembro de 2025 e a proclamación e máis a entrega dos premios terá lugar no primeiro trimestre de 2026.

Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]