Acto GÁLIX no Salón do Libro de Pontevedra
Publicado por GÁLIX | 10.4.17
Deixa un comentario
O día 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil, celebramos en no Salón do Libro de Pontevedra, aproveitando a súa xornada de peche, un acto propio adicado aos representantes galegos na Lista de Honra do IBBY.
Neste acto, presentado polo noso presidente Xosé Antonio Perozo, Fina Casalderrey adicou á audiencia unhas fermosas palabras sobre a importancia da nosa asociación así como de coidar dos lectores e lectoras de LIX, ademais de ler o manifesto do DILI 2017 (podes lelo aquí).
Ledicia Costas e Ramón Nicolás, pola súa banda, falaron sobre a repercusión de que os seus títulos formen parte da listaxe de honra do IBBY. A este respecto, Ledicia Costas subliñou como este feito axudou a levar o seu traballo a outras xeografías e destacou a boa imaxe que a LIX galega ten fóra das nosas fronteiras, agradecendo o traballo de Fina Casalderrey, Paco Do Campo e Agustín Fernández Paz, entre outros, como pioneiros neste campo.
Pola súa banda, Ramón Nicolás expresou o orgullo de traer ao galego a obra de Ana María Machado, o que foi para el unha satisfacción tanto persoal como profesional.
0 comentarios:
[Comentario blog]