Recomendamos: Os tres porquiños, na adaptación de Xosé Ballesteros
Nesta versión do clásico os personaxes están totalmente antropomorfizados e trasladados a un mundo moi semellante o noso, ilustrado fermosamente por Marco Somá.
O detallismo das ilustracións permítenos ler e reler e seguir descubrindo en cada unha das páxinas multitude de aspectos que nos sacaran un sorriso. Esta minuciosidade comeza incluso antes que a propia historia, con unhas traballadas gardas que semellan as maletas dos porquiños. Nas ilustracións tamén podemos topar guiños meta-literarios como por exemplo que o conto que están a ler os protagonistas é a "Galiña roxa" (un álbum deste mesmo ilustrador).
A súa estrutura reiterativa, tan común nos contos tradicionais, invita a que os nenos interactuen o contar a historia soprando e tamén repetindo as expresións, algunhas delas propias da tradición oral galega. No texto destaca tamén a importancia que se lle da as onomatopeas destacadas tipograficamente, propiciando a marcalas cando o álbum é narrado.
Por todo isto este conto encantoume e semella unha acertada opción para gozar cos nenos da lectura.
0 comentarios:
[Comentario blog]