Un ano máis, xa están listos os preparativos para a celebración do Día Internacional do Libro Infantil, a xornada que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen o día 2 de abril.
A OEPLI, GÁLIX e as súas outras seccións, traballan xa na celebración deste día animando a participar a centros escolares, bibliotecas e librarías na difusión da mensaxe e cartel que este ano se preparou dende a sección rusa do IBBY, escrito por Sergey Makhotin, ilustrado por Mikhail Fedorov e traducido ao galego por Sabela González.
Descarga aquí o díptico coa mensaxe en pdf e aquí o cartel en pdf. Podes copiar o cartel en formato jpg na imaxe desta mesma entrada.
Como todos os anos, organizamos ademais o concurso do DILI que este ano. As bibliotecas e centros docentes poden adherirse á iniciativa a través da web da OEPLI neste enderezo.
GÁLIX será a encargada de coordinar estas iniciativas en Galicia, así que estade atentos nos vindeiros meses para saber máis sobre a entrega de premios para os participantes no concurso!
[DESCARGA: Bases do concurso "Andersen hoxe"][DESCARGA: Carta de convite a bibliotecas e librarías / Carta de convite a centros docentes]
Para máis información, non dubides en contactar con nós!
0 comentarios:
[Comentario blog]