A Xanela de GÁLIX. Xavier Senín

Publicado por GÁLIX | 15.12.20 Deixa un comentario

 

XAVIER SENÍN FERNÁNDEZ

Naceu en Pontecesures o 13 de maio de 1949. É licenciado en Filoloxía Moderna na especialidade de francés, da que ten a cátedra de bacharelato. Foi profesor colaborador do ICE (Instituto de Ciencias da Educación) e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, impartindo cursos de perfeccionamento e especialidade en Lingua Galega, para o profesorado de Primaria e Secundaria. De 1987 a 2005 traballou na administración autonómica como subdirector xeral do libro e promoción cultural da Xunta de Galicia. Da súa etapa na administración cómpre subliñar que desenvolveu o seu traballo tanto durante os anos do chamado goberno tripartito como nos gobernos do Partido Popular e o de coalición PSOE- BNG. En palabras de Víctor Freixanes, isto é unha “mostra da súa capacidade de arbitraxe, do seu talante integrador e da súa competencia (auctoritas) profesional.” (Víctor Freixanes. Proemio de O Alfaiate portugués. 2010, Galaxia).
Imaxe de Mari Carmen Mera

Foi redactor responsable da edición en galego do
Correo da Unesco de 1989 a 2001 e durante tres anos presidíu a OEPLI (Organización española para el libro infantil y juvenil), que é a rama española do IBBY (International Board on Books for Young People). No ano 2010 foi un dos sete membros do comité de dirección do Congreso Internacional de IBBY, celebrado en Santiago de Compostela.

Traballou de corrector e coordinador de libros de texto para as editoriais Galaxia e SM. Foi presidente da Asociación de Tradutores Galegos e segue a traducir,

Imaxe de Mari Carmen Mera
Ademais do seu traballo na docencia e na administración, Xavier Senín conta no seu haber con varias obras de creación propia e cunha vasta obra de tradución ao galego, principalmente desde o castelán e o francés, enfocada maioritariamente ao libro infantil e xuvenil. Neste ámbito ten o Premio Fervenzas literarias a o mellor libro traducido de Literatura infantil e xuvenil de 2015 por O papiro do César. No ano 2020 é recoñecido co Premio Nacional a la Obra de
un Traductor
por toda a súa traxectoria neste campo.

 

Obras de creación propia

  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade. (1990, Asociación Cultural Xermolos).

  • Novo amor en Arousa (2009, Pío García Edicións)

  • O alfaiate portugués (2016, Galaxia)

  • María Victoria Moreno. Sementadora de futuro. En colaboración con Isabel Soto (2018, Xerais).

  • Adaptación de O galo Quirico (2009, Galaxia).

  • Adaptación de O soldadiño de chumbo. Hans Christian Andersen (2010, Galaxia).


Traducións

  • O que o vento nos conta de Waldemar Daae. Hans Christian Andersen (1983, Argos-Vergara).

  • Os zarramplins. Sergio Balestrini (1983, Galaxia)

  • ¡Adeus, boa viaxe! Marta Balaguer. (1984, Argos Vergara)

  • As babuchas enmeigadas. Contos de As mil e unha noites. Adapt. Francesc Boada. (1984, Galaxia).

  • Contos de cores. Joles Sennell (1984, Galaxia).

  • Os dentes do león. Mercé Company (1984, Argos Vergara).

  • O globo. J.J. Guillén. (1984, Argos Vergara).

  • Guillermo Tell: lenda suíza. Adap. M. Ángels Gardella. (1984, Galaxia).

  • Hil-Lady. Ricardo Alcántara. (1984, Argos Vergara).

  • A oca de ouro. Irmáns Grimm. (1984, Galaxia).

  • Pandolfi na grande cidade. Francesc d’Assis Sales. (1984, Argos Vergara).

  • A raíña dos peixes. Gérard de Nerval. (1984, Argos Vergara).

  • A serpe branca. Irmáns Grimm. (1984, Galaxia).

  • Unha tarde no mar. Joaquim Ruyra. (1984, Argos Vergara).

  • Os tres pretendentes. Fernán Caballero. (1984, Galaxia).

  • A viaxe de Ruteazul, Laura Medina. (1984, Galaxia).

  • O xigante máis alto xoga á pelota. Josep Mª Rius. (1984, Argos Vergara).

  • O dragón das catro cabezas. Antoniorrobles. (1985, Galaxia).

  • Segredos de abanos. Joan Manuel Gisbert. (1985, Argos Vergara).

  • A traxedia de Romeo e Xulieta, segundo a obra de William Shakespeare. Versión de José Luis Giménez Frontín. (1985, Argos Vergara).

  • As ratas na escola. M. Dolors Alibés i Riera (1986, Galaxia).

  • As aventuras de Roi e Martiño. Antonio Cuadrench (1987, Galaxia).

  • O explorador e a mona. Pako Sagarzazu (1987, Galaxia).

  • A ovella negra. Roser Capdevila (1991, Galaxia.

  • Polgariño. Irmáns Grimm (1991, Galaxia)

  • O anel perdido, un xogo divertido. Enrique Páez (1992, Bruño).

  • A infancia de Martiño Piñeiro. Juan Farias (1992, Bruño).

  • Os robots. Suzanne Martel (1995, Bruño).

  • Crónicas de media tarde. Juan Farias (1997, Everest Galicia).

  • Ismael, que foi mariñeiro. Juan Farias (200, Everest Galicia).

  • Os perfectos. Rodrigo Muñoz Avia (2007, Rodeira).

  • Angelica. Lygia Bojunga Nunes (2008, S.M.).

  • Tres rosas. Madame d’Aulnoy (2009, Novelúa).

  • Onde o aire non era brisa. María Victoria Moreno (2009, Galaxia)

  • Pescador de Islandia. Pierre Loti (2014, Hugin e Munin).

  • Contos do luns. Alphonse Daudet (2014, BIVIR).

  • No ceo. Octave Mirbeau (2015, Hugin e Munin)

  • Unha desolación. Yasmina Reza (2016, Hugin e Munin)

  • As damas verdes. George Sand (2016, Hugin e Munin).

  • Ourika. Claire de Duras (2019, Hugin e Munin).

  • De libros e viaxes. Dous contos franceses. Gustave Flaubert e Guy de Maupassant (2019, Novelúa)

  • O home das bonecas. Jean-Louis Renaud. (2020, Hugin e Munin)

Traducións en colaboración

En colaboración con Antón Figueroa:

  • Loureses: antropoloxía dunha parroquia galega. Manuel Mandianes Castro ((1984, Galaxia).

  • En colaboración con Valentín Arias, Xela Arias, Xosefa F. Fernández, A. Palacio Sánchez e Xesús Senín:

  • O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha. Miguel de Cervantes (1990, Xuntanza).

  • En colaboración con Valentín Arias e Isabel Soto:

  • O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro. Albert Uderzo (2009, Salvat).

En colaboración con Isabel Soto e Alejandro Tobar:

  • A filla de Vercinxetórix. Jean-Yves Ferri e Didier Conrad (2019, Xerais).

En colaboración Con Isabel Soto:

  • O tolo da ría. Juan Farias (2005, Luis Vives).

  • Algúns nenos, tres cans e máis cousas. Juan Farias (2006, Planeta).

  • A Odisea contada aos nenos. Rosa Navarro Durán (2007, Rodeira).

  • A clase. Francois Bégaudeau ((2008, Xerais).

  • Galego á beira do mar. Juan Farias (2008, Kalandraka).

  • A fabulosa lenda do Rei Artur. Jordi Sierra i Fabra (2008, Rodeira).

  • Mal de escola. Daniel Pennac (2008, Xerais).

  • Locus Solus. Raymond Roussel (2012, Hugin e Munin.

  • Astérix e os pictos. Didier Conrad e Jean-Yves Ferri (2013, Xerais).

  • Astérix e os godos. René Goscinny e Albert Uderzo (2015, Xerais).

  • Astérix gladiador. René Goscinny e Albert Uderzo (2015, Xerais).

  • O papiro do César. Didier Conrad e Jean-Yves Ferri (2015, Xerais).

  • A volta á Galia de Astérix. René Goscinny e Albert Uderzo (2016, Xerais).

  • Astérix en Italia. René Goscinny e Albert Uderzo (2017, Xerais).

  • A peste. Albert Camus. (2018, Hugin e Munin). 

     


      Documentación: Teresa Pérez Tilve

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]