Razóns
de causa maior impedíronnos dar conta, no seu momento, da resolución dos Premios Xerais
de Literatura Infantil e Xuvenil, no que resultaron gañadores dous
socios de GÁLIX a quenes queremos trasladar os nosos parabéns.
Antonio Manuel Fraga Allegue
Pontevedra Viva |
gañador, por unanimidade, da XIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil coa obra santoamaro na que o xurado salientou a estrutura teatral da obra, o papel da voz narradora, que provoca a reflexión sobre a propia creación literaria, e a linguaxe innovadora e plenamente actual.
No currículo do autor hai unha importante relación de premios:
- Premio Merlín 2013 coa obra O Castañeiro de Abril
- I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica 2015 coa novela Querido H.P. Lovecraft
- Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017 por Querido H.P. Lovecraft
- I Premio "María Victoria Moreno" de Literatura Xuvenil 2018 polo libro O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, premio, tamén da Gala do Libro Galego 2019 á mellor obra xuvenil.
foi proclamada gañadora do Premio Merlín 2020, na súa XXXVª edición,coa obra A folla azul, na que o xurado destaca o dominio da arquitectura da narración, o compromiso social e ecolóxico, o respecto polas diferencias e unha linguaxe fluída e precisa.
Andrea Maceiras
A nosa compañeira conta cun amplo historial de premios importantes no seu currículo:
- Premio Meiga Moira 2014 por Miña querida Sherezade.
- Premio Jules Verne 2015 pola obra Europa Express.
- Premio Lazarillo 2018 co libro Conta nove estrelas
- Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación de Galicia 2020, recoñecemento á autora ou autor máis lida nos Clubs de lectura das Bibliotecas escolares de Galicia.
Novas:
- Diario Cultural-CRTG: http://www.diariocultural.gal/destacados/estes-son-os-ganadores-dos-premios-xerais-2020/
- Galicia Confidencial: galiciaconfidencial.com/noticia/148213-dominio-feminino-prestixiosos-premios-xerais-2020
0 comentarios:
[Comentario blog]