A xanela de GÁLIX. Nova sección do blog.

Publicado por GÁLIX | 15.10.20 Deixa un comentario

 


GÁLIX naceu hai máis de tres décadas como un movemento asociativo dos diversos sectores que traballan a prol do Libro Infantil e Xuvenil Galego. Foi a resposta a unha necesidade de sumar esforzos co obxectivo de promover e divulgar o traballo feito e aglutinar forzas para as novas proxeccións. Unha xanela desde a que amosar e a través da que poder ver o Libro Infantil e Xuvenil Galego (LIXG).

Queremos, desde aquí, rememorar esa fiestra pola que asomar GÁLIX (sección galega da OEPLI, representación do ámbito lingüístico galego no IBBY) e o propio Libro Infantil e Xuvenil Galego (o LIXG) a través dos seus socios e socias, orixe e motivación da agrupación. Contamos, para iso, cunha nova sección: A Xanela de GÁLIX. Nela, a través dun breve cuestionario, as persoas asociadas irannos falando desa ollada ao pasado, presente e futuro do LIXG.

Unha sección que inauguramos hoxe e que se renovará cada mes, presentando ás persoas que formamos esta asociación por orde, máis ou menos estrita, de antigüidade; a socia Teresa Pérez Tilve será quen se ocupe da documentación. Desta maneira, buscamos a implicación máis alá do pago dunha cuota, porque todos e todas nós constituímos o valor que máis cotiza en GALIX.



Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]