investigan ao autor das marabillosas pintadas e outro máis lento, reflexivo, poético, como nos momentos nos que os nenos describen os seus pensamentos ou ideas sobre o que ven.
Este libro encantoume (abril 2019)
Publicado por GÁLIX | 2.4.19
Deixa un comentario
ABRIL, 2019
Recomendamos Avións de papel de Xavier Estévez
Avións de papel é, en esencia, un libro que fala da amizade. Da
amizade, de arte, de poesía, de rebeldía, de descubrirse a un
mesmo, de soidade, de libros... e de avións de papel. Pois son estes
inocentes xoguetes os que mudaran a vida de dous rapaces. Un neno e
unha nena que viven illados por cadanseu motivo poderoso, e que se
unen grazas ao azaroso voo destas improvisadas aeronaves. Unha unión
que pronto atopará os puntos en común, en concreto a aparición
dunhas misteriosas, poéticas e subversivas pintadas dun artista do
graffiti, que nos lembra a Bansky. Un artista que poñerá en xaque
ao concello no que viven e que traerá controversia á cidade entre
os que aman as súas pinturas e os seus detractores.
investigan ao autor das marabillosas pintadas e outro máis lento, reflexivo, poético, como nos momentos nos que os nenos describen os seus pensamentos ou ideas sobre o que ven.
Un libro que xira entorno á arte non
podería entenderse sen as marabillosas ilustracións de Marcos Viso,
cuxo estilo sorprende pola (aparente) sinxeleza e que combina á
perfección cunha estrutura en cadriños que nos lembra á banda
deseñada. Un acerto!
Pode a arte cambiar unha vida? E a unha
vila?
Anxo Fariña
0 comentarios:
[Comentario blog]