I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento
Publicado por GÁLIX | 3.4.19
Deixa un comentario
Indómita e a semente da inmortalidade, de Alejandro
Mene Pazos (Álex Mene) é a obra gañadora no I Certame de
Literatura Infantil e Xuvenil Muíño
do Vento e será publicada pola editorial Bululú.
O xurado destacou deste texto a
corrección do galego e considera que a historia é axeitada para
lectorado infantil, que renova a tradición e aporta valores
ecolóxicos.
O autor, mestre, artista
multidisciplinar e comisario de exposicións galego publicara en 2018
con Alvarellos
editora a obra de literatura infantil A
raíña das tortas, ilustrada por Blanca González Crespán.
0 comentarios:
[Comentario blog]