Este libro encantoume (xullo 2017)

Publicado por GÁLIX | 5.7.17 1 comentario


XULLO, 2017

Recomendamos: Oxalá estiveses aquí, de Charo Pita
"Oxalá estiveses aquí” é a frase que, a modo de mensaxe, atopa Lebre na  botella que chega polo río. Cangrexo, Lagarta, Abella e Vento Norberto son os amigos de Lebre. Eles, só cando se deciden a facelo entre todos, conseguirán extraer a folla coa misiva, a modo de tesouro.  Non saben quen escribiu a nota nin onde o fixo, e pregúntanse: onde é que está “aquí”? A folla é descoñecida para eles, polo tanto ha de ser algún árbore das Terras do Alén, e cara alí se dirixe Lebre.  Vai, contra a opinión dos demais, que consideran que a Gran  Pradaira é o mellor lugar do mundo.
Leva os seus agasallos: a pinza enorme do Gran Tataracangrexo, un líquido para camuflarse, unha buguina do vento, un chisco de mel e un consello “cando te atopes nunha situación difícil, respira profundamente. Airearse sempre axuda” dille Vento.
No seu camiño, cara o nacemento do río, coñecerá o garda fronteira Teixo que lle informa que é a segunda lebre que cruza, Gato salvaxe do que se fará amiga ao quitarlle unha espiña, Salmón que tamén vai río arriba detrás dun misterio, Vella Lebre que a salva da nube de paxaros negros que están a punto de acabar con ela, Morcego que non entende que haxa alguén diferente a el, Rato que se fai o monstro para defenderse dos perigos... e por fin, á beira da fonte da que nace o río, atopa a Tartaruga que confesa ter escrito a mensaxe. Unha vez logrado o obxectivo, seguiremos lendo para descubrir que é o que vai facer este pequeno animal que transforma o medo en valentía.
Unha narración que fala de emocións e sentimentos, da amizade e dos retos, das dificultades e as marabillas da vida. Unha fábula chea de leccións básicas, das ensinanzas que sempre debéramos ter presentes e da tenrura que aflora nos libros de Heine ou de Janosh.
A autoroa, narradora oral, fía unha historia cos recursos do relato e a maxia da oralidade.
As ilustracións, que se caracterizan pola economía de liñas e a sinxeleza dos trazos, teñen unidade e personalidade propia. Elas tamén expresan os sentimentos que atravesan  e impregnan a novela.

Pilar Sampedro
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

1 comentario:


  1. What i don't understood is in truth how you are now not actually much more well-favored than you may be right now. You are very intelligent. You already know therefore significantly in the case of this subject, produced me personally believe it from a lot of various angles. Its like women and men aren't involved until it's one thing to accomplish with Girl gaga! Your individual stuffs excellent. Always deal with it up! gmail log in

    ResponderEliminar

[Comentario blog]