Achégase agosto e marchamos de vacacións, non sen antes vos deixar unhas poucas novas da LIX que poden ser do voso interese.
- Mañá, 1 de agosto, Anxo Fariña asinará e fará ilustracións dos seus libros na Feira do Libro de A Coruña.
- A vindeira semana, o 7 de agosto, inaugúrase a exposición Viñetas desde o Atlántico na Coruña.
- Taboleiro do Libro galego: os máis vendidos do mes de xuño na revista electónica Cicloxénese Expresiva. Para a elaboración deste taboleiro participaron as librarías: Miranda, Paz, Andel do libro, Suévia, Lila de Lilith e Chan da Pólvora.
- Entrevista a Eli Ríos no blog O recuncho do lector.
- Lamentamos o pasamento do escritor galego de literatura infantil e xuvenil Carlos Mosteiro Fraga (Xeve, Pontevedra, 1955 - Pobra do Caramiñal, 2017), que fora Premio O Barco de Vapor por Unha bruxa ben rara (SM, 2007). [Máis info en Lavoz, Culturagalega, Fervenzas Literarias]
Boas lecturas ao sol! :)
0 comentarios:
[Comentario blog]