Novas da LIX (8)

Publicado por GÁLIX | 22.2.17 Deixa un comentario
Velaquí algunhas das últimas novidades de interese para a LIX:


  • Temos na nosa biblioteca a disposición do público a publicación da RAG titulada Voces termando da paisaxe galega, o discurso de ingreso na RAG de Marilar Aleixandre e a resposta de Fina Casalderrey.


  • Recibimos tamén na nosa biblioteca para consulta do público o catálogo do IBBY da Lista de Honra 2016 onde aparecen Ledicia Costas (por Escarlatina, a cociñeira defunta) como autora e Ramón Nicolás (por Bisa Bea, Bisa Bel) como tradutor.

  • Chegounos, ademais, a nova de que o anuncio do premio ALMA 2017 terá lugar o día 4 de abril. Aquí podes consultar os candidatos: orde alfabética / por países


As últimas entrevistas das que recibimos noticia en GÁLIX e que podedes consultar nos seus enlaces son:





Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]