Premios Xerais 2019

Publicado por GÁLIX | 15.10.19 Deixa un comentario

Este sábado 19 de outubro, no Museo do Mar de Galicia, terá lugar a Festa literaria de entrega dos Premios Xerais 2019 que se deron a coñecer o pasado sábado 8 de xuño, tal como publicamos neste blog no seu momento.

Premios de Literatura Infantil e Xuvenil:
Á XI edición do Premio Jules Verne de Literatura
Xuvenil concorreron 20 obras, dentre elas o xurado formado por Javier Balea, María Cerdeira González, David Díaz Díaz, Tensi Gesteira Estévez, Olga Nogueira e Isabel Mociño González, como secretaria do xurado, en representación de Xerais, acordou declarar gañadora a obra Os corpos invisiblesde Emma Pedreira, presentada baixo o lemaPrometea.   Resultaron finalistas as obras presentadas baixo os   lemas: Dunas”,Todo é fume?” e Ada Lovelace”. 
Á XXXIV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil concorreron 28 obras.  O xurado formado por
Sabela Fernández Trelles, Sira González Rodríguez, María Jesús Iglesias García, Ángel Iglesias Mariño, Andrés Meixide Gayoso e Miguel Vázquez Freire como secretario, en representación de Xerais, seleccionou como finalistas as obras presentadas baixo os lemas “Berta Spencer”, “Efebeí”e “Nimbostrato”, resultando gañadora a obra de Rosa Aneiros por Xelís, o guieiro das botellas de mar, presentada como Nimbostrato
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]