Libros contra a barbarie. En Compostela o sábado 22 de novembro

Publicado por GÁLIX | 18.11.25 Deixa un comentario

 

"Asistimos con horror e impotencia a un masacre de poboación civil e, especialmente, ao asasinato de nenos e nenas en Gaza e en Cisxordania. A ofensiva militar israelí custou xa a vida a máis de 60.000 palestinos e estímase que polo menos un terzo deles son menores de 14 anos. A esta ofensiva militar atroz únense os continuos asasinatos nas colas para recoller alimentos, o bloqueo dos camións con axuda humanitaria e unha cifra crecente de mortos por fame e enfermidades produto da situación extrema á que ven sometidos estes territorios".

 

Libros contra a barbarie. Iniciativa de apoio aos nenos e nenas de Gaza e Cisxordania é unha acción pola que persoas e entidades do eido do libro e a lectura de diferentes lugares do mundo pretenden amosar apoio e solidariedade a todos os nenos e nenas afectados pola barbarie xenocida en Gaza e expresar unha fonda indignación pola morte, mutilación e terror que sofren estes nenos e nenas por causa dos bombardeos, a falta de alimentos e de asistencia médica.

Este sábado, 22 de novembro, organizarase, en varias cidades, unha venda solidaria de libros e ilustracións e entregarase a totalidade do recadado ás ONG acreditadas que se ocupen de fornecer á infancia de Gaza con auga, alimentos e atención médica.

En Santiago de Compostela en Oficina Rúa, na Rúa de San Pedro 52, de 11.00 a 19.00 horas.

A primeira xornada desenvolveuse xa paralelamente en Barcelona, Berlín e Bogotá o día 25 de outubro de 2025.

Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]