O Premio Carlos Mosteiro de literatura infantil e xuvenil é un certame convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal e a Editorial Galaxia, en colaboración coa asociación Barbantia e creado no 2018 como homenaxe ao escritor veciño deste concello e como medio de promoción para autores e autoras de literatura infantil en lingua galega.
O xurado formado por Encarna Pego, Xosé Antonio Neira Cruz, gañador da anterior edición, e Marcos Calveiro decidiu conceder o galardón da quinta edición do Premio Carlos Mosteiro de literatura infantil e xuvenil, á obra presentada baixo o título de Teño un volcán dentro que narra a historia dun rapaz coa síndrome de Asperger e o seu proceso de integración nun novo centro educativo, ademais da adaptación do seu círculo próximo á situación.
A autora da obra gañadora é María Canosa enxeñeira de Camiños e escritora con ampla traxectoria na LIX, libros de divulgación científica e biografías. Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Tamén participou como experta nos concursos da RTVG Cifras e letras, Letras van e Coma un allo. A día de hoxe colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en programas da Radio Galega e de Radio Voz.
Referencias á nova na web:
- apobra.gal : https://apobra.gal/maria-canosa-ganadora-da-quinta-edicion-do-premio-de-literatura-infantil-carlos-mosteiro/
- Axenda cultural AELG: https://axendacultural.aelg.gal/2022/12/30/maria-canosa-gana-o-v-premio-de-literatura-infantil-carlos-mosteiro/
- Culturagalega: http://culturagalega.org/noticia.php?id=34618&soportal=lg3
- Canal Rías Baixas: https://www.canalriasbaixas.com/2022/12/29/a-escritora-maria-canosa-gana-a-quinta-edicion-do-premio-de-literatura-infantil-carlos-mosteiro/
- Historiable: https://www.historiable.gal/news/maria-canosa-faise-o-v-premio-de-literatura-infantil-carlos-mosteiro?uid=103336
0 comentarios:
[Comentario blog]