Camiño ao Culturgal 2015 - Xerais no Culturgal

Publicado por | 4.12.15 Deixa un comentario


O Culturgal xa está aquí! Estas son as actividades de Xerais para a feira:




Venres 4 de decembro
11:30:  Espazo Foro. Encontro con escolares de Pere Tobaruela (autor) e Andrés Meixide (ilustrador) da serie (3 títulos) Formig4s.
12.45:  Espazo Infantil. Encontro con escolares de Ledicia Costas, (autora) e Víctor Rivas (ilustrador) de Escarlatina, a cociñeira defunta, premio Merlín 2014 e premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015.
19:00 horas: Stand de Xerais. Sinaturas de Santiago CortegosoElena Gallego AbadFran P. Lorenzo e Ledicia Costas.
19:30 horas: Espazo de Infantil. Concerto presentación do disco libro A música das árbores de Servando Barreiro.
19:30 horas: Espazo de Libro. Presentación do libro Raclette de Santiago Cortegoso, premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 2014.  Lectura dramatizada feita polo elenco da obra teatral.
20:00 horas: Espazo de Libro. Conversa de salón de Fran P. Lorenzo co xornalista Ramón Rozas arredor da novelaCabalos e lobos, premio Blanco Amor de novela 2014.
20:20 horas: Espazo de Libro. Conversa de salón de Ledicia Costas co xornalista Ramón Rozas arredor do libro de relatos Un animal chamado Néboa.

Sábado 5 de decembro
12:30 horas: Espazo Carpa. Concerto presentación do disco libro Sira e robot. Adventures on Titan de Mark Wiersma eMiguel Mosqueira.
12:45:  Espazo Foro. Presentación do catálogo Xerais ebook.
19:00:  Espazo Foro. Recital poético arredor do libro A boca da terra de Manuel Rivas.
19:00 horas: Stand de Xerais. Sinaturas de Érica EsmorísAndrea Maceiras e Héctor Cajaraville.
19:30 horas: Stand de Xerais. Sinatura de Manuel Rivas.
20:15 horas: Espazo de Libro. Conversa de salón de Érica Esmorís co xornalista Tino Santiago arredor do libro Nena e o mar, premio Merlín de literatura infantil 2015.
20:30 horas: Espazo de Libro. Conversa de salón de Andrea Maceiras co xornalista Tino Santiago arredor do libro Europa Express, premio Jules Verne de literatura xuvenil 2015.
20:45 horas: Espazo de Libro. Conversa de salón de Héctor Cajaraville co xornalista Tino Santiago arredor do libro De remate, premio Xerais de novela 2015.

Domingo 6 de decembro
12:30:  Espazo Foro.  Debate arredor do ensaio Marcas. Signo, comunicación e consumo na era da simulación con Xavier NavazaBenigno Fernández Salgado e Manuel Bragado.
18:30 horas: Stand de Xerais. Sinatura de María Reimóndez, Héctor Carré, Antonio Tizón, Diego Ameixeiras, Xoaquín Fernández Leiceaga
19:00 horas: Espazo de Libro. Debate sobre a novela negra. Participan:  Héctor Carré, autor de Hai que matalos a todosAntonio Tizón autor d’ A antesala luminosaDiego Ameixeiras, autor d’ A noite enriba e Xoaquín Fernández Leiceaga, autor de Agosto de memoria e morteModera a xornalista Montse Dopico.
19:30:  Espazo Foro.  Lectura d’ A música dos seres vivos  María Reimóndez coa participación musical de Mercedes Peón.
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]