A Editorial Galaxia estará tamén presente na Feira das Industrias Culturais cun stand que promete unha morea de novidades.
Entre as actividades previstas, están a conversa ao redor do libro colectivo Tempos chegados?, o venres 4 de 19:00 a 19:30 no Espazo Libro e a conversa con Antón Riveiro Coello, tamén venres 4 de 20:30 a 21:00 no mesmo espazo.
Ademais, o domingo, a partir das 16:30, Chuches Amil presentará o seu Conto ao revés na Carpa da música, onde tamén se celebrarán os concertos do libro Canta o Cuco e A bruxa discordia: cancións para a paz, ás 12:00 e 17:30 respectivamente.
Descubre máis no facebook de Editorial Galaxia Falamos de Libros, aquí.
0 comentarios:
[Comentario blog]